Praza de América

Praza de América

A praza que leva o nome en memoria dos emigrados en Cuba que promoveron un colexio co que contribuír a un futuro mellor das nenas e nenos das Pontes de Garcí...
A praza sitúase na contorna do colexio de Santa María que foi construído grazas ao labor dos emigrantes ponteses na Habana a finais da década de 1920. Ocupa un espazo central do casco urbano e á súa construción foi parella á edificación do colexio financiado polos emigrantes. A contribución da Sociedade de Beneficencia e Recreo dos Naturais do Concello das Pontes de García Rodríguez valeu que se nomease esta praza como Praza de América e a rúa contigua como Paseo dos Americanos.

A praza tamén é coñecida como Praza Roxa debido ao revestimento rosado que tiña e que desapareceu coa remodelación completa da praza no ano 2023.