Pavillón Polideportivo Monte Caxado

Pavillón Polideportivo Monte Caxado

Edificio polideportivo para a práctica do deporte.
O pavillón deportivo foi construído en 1987 para dar servizo ás necesidades do Colexio Monte Caxado de ter unha instalación deportiva cuberta. A gran actividade deportiva que tiña o concello das Pontes provocou que fose usado como polideportivo para actividades deportivas como fútbol sala, baloncesto, patinaxe e hockey sobre patíns.

No ano 2023 foi obxecto dunha reforma integral que supuxo a renovación do edificio, con novo pavimento, adaptación da pista para a práctica de diferentes deportes, cambio da iluminación e mellora do illamento térmico do edificio.