Campo da Feira

Campo da Feira

O Campo da Feira é na actualidade unha zona verde de lecer e de encontro para a veciñanza pontesa.
O Campo da Feira que coñecemos na actualidade ten a súa orixe nos principios do século XX. Os terreos eran propiedade da Casa Ducal de Alba e no ano 1902 o veciño das Pontes D. Sergio Rivera Chao compra os terreos a D. Esteban Cora. E obtense o permiso para celebrar as feiras dos días 1 e 15 de cada mes así como para celebrar as festas do Carme.

Con posterioridade o Campo da Feira pasa a ser de titularidade municipal e na década de 1970 nos terreos construíuse a Casa do Concello, o Mercado (o actual Mercado Vello) e un parque Municipal.

Entre os anos 2008 e 2017 o Concello das Pontes executa melloras neste espazo verde. Mellorouse a súa imaxe e instalouse mobiliario para nenos e maiores. Estas melloras provocaron que o parque municipal sexa na actualidade un punto de encontro e lecer para toda a veciñanza pontesa.