Monumento ao Traballador

Monumento ao Traballador

Este impoñente monumento preside a Praza de Carlos Fornos en memoria de tódolos traballadores das Pontes.
O monumento foi construído en 1994 para presidir a homenaxe levantada en memoria de Carlos Fornos, persoa moi querida e que era presidente de ENDESA nas Pontes.

Trátase dunha peza triangular de 4 metros e medio de ancho por dez de alto. Foi construída na Coruña por encargo do Concello das Pontes de García Rodríguez e transportada en grúa ata a súa localización actual. É obra dos artesáns irmáns Ramírez Casal que usaron aceiro, bronce, cobre e outras aliaxes.

Unha placa en metacrilato alude o sentido do monumento: “En lembranza de tódolos traballadores que exerceron algunha actividade na industria das Pontes. Especialmente de cantos atoparon a morte no cumprimento da súa función”. Con estas palabras rende homenaxe a tódolos traballadores, pero en especial a aqueles que perderon a vida, moitos deles en accidentes durante a construción da central térmica.

A obra amósanos persoas espidas fronte as máquinas. Hai elementos mecánicos asoballando persoas, algunhas con figuras de inspiración picassiana.

O monumento encóntrase na praza de Carlos Fornos, na rúa Santiago.