Esculturas

Esculturas "O soño de San Xoán"

A maxia da noite de San Xoán labrada en madeira.
“O soño de San Xoán” é unha peza escultórica realizada dentro do proxecto As Pontes EnPezas. Está realizada polo artista Marcos Mariño, natural de Arcade.

Marcos Mariño labrou estas pezas en troncos de chopo e de carballo. Están localizadas no Canal IV, o lugar onde se festexa a salta do lume nas Pontes e que organiza o Concello das Pontes baixo o nome de “Noite Meiga”.

A obra alude a catro elementos presentes na tradición arredor da noite
liminar de San Xoán: as herbas de San Xoán, a salta do lume, a queimada e as sardiñas.

Este conxunto escultórico encóntrase na Canle IV, entre a Rúa Ourense e a Rúa 8 de marzo.