Igrexa de San Martiño de Goente

Igrexa de San Martiño de Goente

A igrexa parroquial de San Martiño de Goente nas portas da Serra do Forgoselo.
A igrexa parroquial é unha construción do século XX. Está edificada nun estilo sobrio, cunha única nave de planta rectangular e sen apenas ornamentación interior, na que destacan os retablos neoclásicos do altar.

No exterior hai dous cruceiros moi interesantes. O do adro ten o capitel e a cruz feitos cun bela labra en pedra de toelo. A poucos metros, na estrada que comunica coas Pontes, hai un cruceiro moi antigo feito en granito.

Dentro do adro hai un mapa mural en memoria dos lugares desaparecidos da parroquia debido á explotación mineira.