Capela de San Ramón do Paraño

Capela de San Ramón do Paraño

Capela sinxela herdeira dunha longa tradición secular en honra a San Ramón.
O templo que vemos é do século XIX que é cando se traslada o vello templo do Rego da Forxa, que data alomenos do século XVIII. Procede dunha fundación antiga, na que o fundador transmite de forma hereditaria aos fillos primoxénitos, que deben encargarse do control, mantemento e designación do capelán. Esta longa tradición é coñecida como “capelanía laical colativa de sangue” e chegou ata a actualidade.

O San Ramón do Paraño foi posiblemente a romaxe máis celebrada de Santa María das Pontes e ata hai ben poucos anos facíanse poxas para sufragar os gastos da festa.