Monumento

Monumento "Home ollando á ventá"

Conxunto escultórico dun home ollando unha ventá.
Resulta habitual que as persoas miren desde as ventás. Menos habitual é unha persoa que quede mirando para unha fiestra.

Este conxunto escultórico está no xardín da rúa da Saúde. Unha figura humana alza o rostro para enfocar a mirada nunha fiestra. O espectador ten aberto todo un campo de interpretacións en liberdade. Que está a ollar a figura? Olla o pasado? Olla o futuro? Está mirando o que hai detrás da fiestra?

A ventá é un oco nunha enorme pedra chantada. Unha figura de pedra levanta a cabeza para mirar no interior da ventá.

O conxunto escultórico está na rúa da Saúde.