Poboado da Fraga

Poboado da Fraga

Un barrio obreiro de inspiración europea.
A necesidade de acoller a traballadores da explotación mineira, e ás súas familias, fai que ENDESA constrúa un segundo polígono residencial no ano 1974.

O modelo residencial está inspirado nos modelos arquitectónicos de barrios obreiros que se desenvolven en Alemaña e Austria no primeiro cuarto do século XX, usando unha escala máis reducida. O arquitecto encargado do proxecto é J.M. González.

A nova barriada ten un total de 200 vivendas que se distribúen nun polígono de 2,7 ha. Consta de 25 módulos plurifamiliares de 4 plantas. Son deseñadas dous tipos de vivenda, unha de 3 dormitorios e outra de 5.Todas elas inclúen salón-comedor, cociña con tendedeira, baño completo e vestíbulo. O barrio artéllase en días rúas laterais, que acollen a zona de aparcadoiro, deixando o resto para zonas axardinadas e de lecer.