Igrexa de Santa María da Vilavella

Igrexa de Santa María da Vilavella

Unha bela igrexa dunha parroquia extensa que hoxe está debaixo das augas do Lago.
O templo ten a súa orixe posiblemente no século XIII e tivo importantes reformas posteriores. Conta cunha nave única á que está acaroada unha sancristía á que se accede por un pórtico. Ten unha fachada nobre construída en perpiaño de granito e de estilo neoclásico.

No interior hai un interesante retablo barroco no que se encontra a imaxe de Santo André, quen fora o antigo titular da freguesía. O conxunto parroquial é do pouco que queda dunha extensa parroquia que ocupaba boa parte do val das Pontes e que desapareceu pola explotación do lignito.