Mural

Mural "Mamed Casanova, o derradeiro bandoleiro"

Este peza representa ao bandoleiro Toribio que inicia o seu mito roubando no cemiterio o traxe dun rico e presentándose con el o día da festa patroal.
As fazañas de Toribio comezan o día que desenterra un indiano adiñeirado que acababa de falecer para roubarlle o traxe e lucir fachendoso o traxe roubado no mesma aldea na que collera o traxe. Este episodio fai que Valle Inclán o eleve a mito.

Mamede Casanova nace en 1882 en Grañas do Sor (Mañón) nunha familia pobre e acaba convertido no bandoleiro Toribio. No asalto á casa reitoral de Grañas é asasinada a criada do cura polo que Toribio entrará en prisión. Foxe do cárcere e convértese nun foraxido ao que non lle dan caza, converténdose en noticia da prensa de época. Toribio é capturado meses despois nunha trampa urdida na casa reitoral do Freixo. A condena a morte foille permutada por cadea perpetua e foi liberado na Segunda República.

Nove Noel é un dos muralistas galegos máis talentosos. Representa a Toribio lucindo con fachenda o traxe de indiano que collera dun rico enterrado no camposanto. Tamén aparece co seu revólver de bandoleiro e a pega que a tradición popular dicía que fora amestrada por el para avisalo da presenza da Garda Civil.

O mural de Toribio está na Avenida de Ferrol, diante da praza do Carme.