Ponte de Illade

Ponte de Illade

Unha fermosa ponte do lugar de Illade que agora está nunha área de lecer.
Encontrábase orixinalmente sobre o río do mesmo nome nun antigo camiño que conducía desde As Pontes a Cerdido. De probable cronoloxía medieval, está construída en cachote cun só arco sen peitoril.

Coa ampliación da explotación mineira de lignito na década de 1970 a ponte foi trasladada á súa localización actual na Área Recreativa dos Caneiros.