Mural

Mural "As Pontes, de mina a lago"

Este mural foi realizado por un veciño do propio Poboado da Fraga. A través dun cromatismo impresionante dá vida a un mural de gran beleza.
O mural foi realizado por Diego G. Cereijo, autor que naceu en San Cibrao e que reside no Poboado da Fraga, lugar escollido para a realización da peza. Diego deuse a coñecer no muralismo no certame das “Meninas de Canido” (Ferrol).

A peza representa nun deseño cheo de cor a transformación da forma de vida das Pontes co peche da mina de carbón e a súa transformación en lago. Nel aparece representada a xuventude pontesa mirando cara ao futuro navegando sobre o pasado mineiro.

A técnica usada é un estampado a través dun deseño debuxado polo autor, para despois pintar con pintura acrílica. Foron precisas vinte probas para dar coas cores desexadas polo autor.

A peza está na Avenida da Habana, na marquesiña do Poboado da Fraga.