PRG-147

PRG-147 "Fragas da Ribeira e Lostegal"

Fragas máxicas que acompañan ao camiñante no devalar do tempo.
Un percorrido a través dunha das fragas máxicas do Eume, sempre verde con independencia da época do ano na que o realicemos. Un itinerario para admirar a paisaxe e a natureza de As Pontes en todo o seu esplendor.