Igrexa de San Pedro de Eume

Igrexa de San Pedro de Eume

É unha igrexa sobria e fermosa con moitos pequenos detalles para ver.
A igrexa parroquial de Eume é un edificio levantado con cachotería e cuberta de lousa. Ten planta rectangular e na fachada destacan un fermoso pórtico e o campanario que se prolonga na fronte. No interior é destacable os retablos de estilo neoclásico.

No adro da igrexa, na parte vella do cemiterio, consérvanse unhas tumbas en terra recubertas de cunchas de vieira. Na entrada do conxunto parroquial sitúase un interesante cruceiro con plataforma de tres chanzos no que se representa a Cristo Crucificado e a Virxe Dolorosa.